DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Conmemoramos esta data convidando as familias a participar nunha actividade deseñada para adquirir hábitos saudables. Comezamos a xornada cun saúdo de benvida en linguaxe de signos, por parte de Andrea Regueira , alumna en prácticas, a continuación debían programar un robot para atopar os alimentos que debemos consumir a miúdo, ocasionalmente e tódolos días e por último elaboramos unha tosta moi "natural-mente" cos productos da nosa eco-horta-escolar. Grazas pola vosa colaboración.