domingo, 26 de marzo de 2017

XOGOS PARA APRENDER AS HORAS DO RELOXO


SI QUERES APRENDER AS HORAS DO RELOXO, TEMOS UNS XOGOS MOI DIVERTIDOS E DIDÁCTICOS PARA OS NENOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

TRABALLOS SOBRE AS PLANTAS.

 Nova unidade e novos colaboradores na exposición de traballos. Cada vez son máis completos e elaborados. 

Vexamos nesta ocasión os traballos sobre as plantas que  prepararon.


Arbol

 plantas


mércores, 22 de marzo de 2017

Concerto Paco Nogueiras


O concerto de Paco Nogueiras deste venres queda aprazado por causas climatolóxicas.
 Grazas

luns, 20 de marzo de 2017

CONCERTO PARA AS FAMILIAS: PACO NOGUEIRAS










O músico compostelán PACO NOGUEIRAS actuará o vindeiro venres 24 de marzo no colexio POSSUMUS ás 17 horas co seu espectáculo BRINCA VAI!. Trátase dun concerto aberto a todas as familias, e dirixido de xeito especial aos pais e nais que queiran acudir a disfrutar cos seus fillos das cancións e da música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!.
O concerto, promovido polo colexio en colaboración coa ANPA, enmárcase dentro do proxecto de centro DAR VIDA, e servirá tamén para presentar a canción que dará pe á grabación dun video clip moi especial.
Prégase aos interesados en asistir contacten co centro chamando en horario de mañán ao teléfono 986 371 330 ata o xoves 23, a fin de confirmar asistencia para non rebasar aforo.
NOTA: En caso de choiva aprazaríase, polo cal pregámoslles permañezan atentos á web do centro onde se comunicará calquera novidade a este respecto.

domingo, 12 de marzo de 2017

Incubadora de pitiños no cole


O colexio está inmerso nun novedoso proxecto cos seus alumnos de  1º e 2º EP. "O MILAGRE DA VIDA"


Estamos expectantes. O colexio está inmerso nun novedoso proxecto cos seus alumnos de 1º e 2º EP. Trátase dunha incumbadora de pitiños coa que, ademais de aprender moitas cousas interesantes, están vivindo uns intensos días, se prevee que nuns 21 días nazan os primeiros pitiños. Seremos testemuñas diso e compartiremos convosco as primeiras imaxes.Imágenes del mundo animal: Pollitos

xoves, 2 de marzo de 2017

DENTES SANS



Realizamos as Xornadas de Hixiene Bucal da man da odontóloga Estefanía Branco Garrido da Clínica Dental ASODENT e a mamá de Paula. 

Explicáronnos a importancia de cepillarse os dentes tres veces ao día. Para facelo dunha forma máis interactiva, proxectamos unha película introductoria para ilustrar mellor en que consiste coidar a hixiene bucal. 
Para rematar déronnos a todos agasallos para coidar a nosa dentadura, un diploma de Hixiene Dental e un simpático ratiño para gardar os nosos dentes para o noso amigo o Ratiño Pérez.
Moitas grazas pola vosa visita!!!!!!!!!!