Os nenos e nenas de segundo puxeron en práctica este hábito explicando
ás familias a importancia dunha boa hixiene. Finalizaron o taller cun
bonito baile que nos explica como lavarse as mans correctamente.
A práctica de lavarse as mans é común na maior parte do mundo, pero en
poucas ocasións utilízase xabón tras os momentos críticos (despois de
usar o inodoro, limpar as feces dun neno ou antes de manipular
alimentos).
Estas actividades teñen como principal meta trasladar a importancia de
que un xesto tan sinxelo e cotián como limparse as mans pode salvar
vidas.