mércores, 30 de maio de 2018

VigoZoo 1º e 2º E.P

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.P do cole foron a pasar a mañá ao zoo municipal de Vigo, Coñeceron novos animáis e pudieron ver moi de cerca animáis tan famosos como o león, o lobo... incluso coñecimos a importancia que ten o cuidado do medio ambiente e dos animáis para evitar a súa posible extinción!

luns, 28 de maio de 2018

Traballando os corpos xeométricos. 2º E.P

 Os alumnos e alumnas de 2º E.P, estivemos contruíndo varias formas xeométricas: prismas, pirámides e cubos. Con esta actividade fomos capaces de contar as súas caras laterais, as bases, os vértices e as arestas.




VISITA LITERARIA DE FINA CASALDERREY . 2º E.P.




Que emoción cando vin entrar no cole a FINA CASALDERREY!! Non o podía crer , igual que os nen@s de 2º E.P.
Que ben o pasamos na biblioteca con ela, falounos dunha tal "sensibilidade", contounos moitas cousas sobre a súa vida e obras.. Os nen@s de 2º contáronlle o último conto que estiveron traballando "Quen me quere adoptar? ". Firmou moitos libros...









Moitas GRAZAS Fina!!

venres, 4 de maio de 2018

O himno do Celta en Balaídos 1º e 2º E.P


Os nenos e nenas de 1º e 2º de E.P animáronse a cantar o himno do Celta. Estupendo!!!!!!!

VISITA BALAÍDOS 1º- 2º E.P

Os nosos alumnos e alumnas DE 1º e 2º de E.P realizaron unha visita ao Estadio de Balaídos, coñecendo as diferentes estancias así coma o Museo do Celta.