luns, 16 de novembro de 2015

Magosto 2.015

ASÍ CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO. Asamos as castañas aportadas por todas as familias do colexio que estában riquísimas!!!!!!!Non paramos! Foi unha xornada xenial! As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

mércores, 4 de novembro de 2015

O Samaín na nosa clase...

O Samaín na nosa clase...

Ola familias!!!

Na clase, ao longo da semana, estivemos preparando a festa do Samaín. Experimentamos un montón de cousas... Fixemos a nosa propia cabaza...

 Falamos acerca dos nosos medos (lobos, monstros, bruxas, saltóns, elefantes... houbo de todo!), para despois debuxalos.