Este ano no colexio Possumus temos unha horta e un galiñeiro. Todos estamos contentos co nacemento dos pollitos.
Comparten sitio coa horta escolar, na que Educación Infantil traballou con gran esmero.
Comparten sitio coa horta escolar, na que Educación Infantil traballou con gran esmero.
Unha horta no colexio é un recurso educativo moi beneficioso para o alumnado, xa que propicia experiencias co entorno natural. Tamén axuda a comprender as relacións e dependencias que temos con el e ofrécenos a posibilidade de traballar co noso alumnado actitudes de coidado e responsabilidade medioambiental, así como valorar o proceso de certos hortalizas e verduras antes de chegar ás nosas mesas. Consideramos que é moi importante que desde pequenos comprendan que o contacto coa natureza é un aspecto moi importante nas nosas vidas.