sábado, 6 de maio de 2017

Plantas Aromáticas e Medicinais

 
Hoxe cheirou moi ben a nosa aula e é que Inma a mamá de Eneko tróuxonos a clase toda unha diversidad de plantas aromáticas e medicinales do seu xardín.

Inma explicounos moitas cousas sobre as plantas aromáticas.
Traía unhas cantas e ensínonos a recoñecer as que non coñeciamos.Falounos dos seus usos culinarios e medicinales. Puidemos observalas e sobre todo cheiralas.
 Foi explicando o nome de cada planta, para que servían e o que nos aportaban na nosa vida diaria. Así puidemos descurbrir que cando estamos nerviosos podemos tomar algunha infusión de Valeriana.

 
Damos as grazas a Inma pola súa colaboración e facernos partícipes dos seus coñecementos.