O alumnado de 1º e 2º de primaria está traballando nun proxecto novo, atar os zapatos. Algo que para nós parece tan simple, para os cativos/as destas idades é moi difícil.
Dun xeito práctico e sinxelo, a clase ten zapatillas recicladas (feitas con cartón de caixas de infusións) e cordóns cos que practicar todos os días ata coller o hábito.
Ian Fieggen sabe moito de atar os cordóns do calzado, tanto é así escribiu un libro chamado "Laces". Ian explica como os modelos de calzado actuais contribúen a que atar os cordóns deixe de ser unha habilidade, e por tanto, tamén dificulta a psicomotricidade fina e a realización de nós e/ou lazadas.