venres, 15 de febreiro de 2019

Museo de Meirande . 1º e 2º E.P

Visita ao Museo Meirande

Os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos o Museo Meirande en Redondela.  Vimos unha película sobre a Batalla de Rande e visitamos as distintas salas do museo.

Que é o Meirande?

Un centro que che quere amosar dous temas principalmente: A batalla de Rande e o Patrimonio industrial de Rande.
Nel preséntannos unha viaxe, unha viaxe cara ao pasado, cara tempos que xa se perderon da memoria das persoas e que quedaron só impresos nos libros. Tempos das persoas coma nós, que sufrían o día a día e loitaban para sobrevivir nunhas sociedades e mundos distintos ao noso de hoxe en día.









  Despois da visita merendamos acompañados dunha vista preciosa.