venres, 18 de xaneiro de 2019

SAÍDA AO MERCADO DE TEIS

Saímos ao mercado co grupo de nenas e nenos de 1º e 2º de E.P.  Na visita  fixemos o recorrido a pé, parando a saudar á xente na rúa, a ver os comercios, as luces,…; atopámonos con xente coñececida, parando nos escaparates dos comercios, sen présa, co ritmo que pequenas e pequenos nos marcaban… Tivemos que agardar no paso de peóns para poder cruzar. Unha vez chegamos ao Mercado Municipal, fixemos parada en todos os postos: a peixaría, a carnicería, a froitería,…; en definitiva, unha experiencia moi enriquecedora e que nos permitiu conectar co entorna próxima.