luns, 26 de febreiro de 2018

VISITA DA ESCRITORA" ANA ALCOLEA" 2º E.P

O pasado 6 de febreiro a escritora zaragozana Ana Alcolea visitou o noso centro.Realizou unha actividade de animación lectora cos alumnos de 2º de E.P, que leran O abrazo da árbore. Xuntos leron algúns fragmentos do libro e lembraron que hai que vencer os medos, igual que fai Miguel, o protagonista.
 Ao final, Ana Alcolea asinou os exemplares dos seus libros e convidounos a seguir gozando da lectura. 







Grazas por achegarnos a literatura e compartir connosco a túa paixón por ela!