Este curso, chegou a nosa escola un Escornabot
Construímos unha maqueta do noso colexio para os Escornabots.
Ademais do pracer meramente construtivo desta aprendizaxe, os escornabots -unha
vez montados- permiten realizar múltiples actividades, executando
movementos que deben ser previamente programados polo neno ou nena. , mesturando
sempre os obxectivos didácticos cos lúdicos, "traballando habilidades
como a lateralidade, a memoria, a planificación ou seriación".
Aquí montamos un escornabot para estudar as figuras xeométricas e o sistema monetario.