xoves, 2 de marzo de 2017

DENTES SANS



Realizamos as Xornadas de Hixiene Bucal da man da odontóloga Estefanía Branco Garrido da Clínica Dental ASODENT e a mamá de Paula. 

Explicáronnos a importancia de cepillarse os dentes tres veces ao día. Para facelo dunha forma máis interactiva, proxectamos unha película introductoria para ilustrar mellor en que consiste coidar a hixiene bucal. 
Para rematar déronnos a todos agasallos para coidar a nosa dentadura, un diploma de Hixiene Dental e un simpático ratiño para gardar os nosos dentes para o noso amigo o Ratiño Pérez.
Moitas grazas pola vosa visita!!!!!!!!!!