martes, 17 de xaneiro de 2017

Diverciencias:Multiplica coas regletas de Napier

Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos vivirán seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasarán desapercibidas. 2º EP Multiplica coas regletas de Napier Queres repasar as táboas e aprender un pouco de historia? Pois imos multiplicar como se facía antes da chegada das calculadoras, usando as chamadas regletas, varillas ou ósos de Napier. As regletas de Napier son unha ferramenta de cálculo que sorprende pola súa sinxeleza. Non son máis que as táboas de multiplicar escritas sobre unhas varillas, pero con elas as multiplicacións redúcense a simples sumas e restas.