domingo, 28 de abril de 2019
venres, 26 de abril de 2019
HORTA DE PRIMAVERA . ECO-HORTA 1º e 2º E.P
Aínda que as choivas e os temporais limitan a actividade da nosa horta
ao mínimo, hai algunhas labores que si podemos ir facendo e que irán
preparando o noso terreo para a época de sementeira na primavera. Ao
mesmo tempo, as horas de luz van en aumento polo que xa podemos sementar tomate cherry .
Tamén fixemos espantallos, para que vixien e coide os froitos.
Visita literaria : Antón Cortizas " O lapis de Rosalía"
Antón Cortizas. Despregou toda a súa imaxinación facendonos voar ata a escola de Rosalía, onde o seu lápiz escribía o que lle petaba mentras que a sua mestra berraba e berraba sen control
Aquí vos deixamos unhas fotos
.
Día Mundial da Saúde: A práctica de lavarse as mans.
Os nenos e nenas de segundo puxeron en práctica este hábito explicando
ás familias a importancia dunha boa hixiene. Finalizaron o taller cun
bonito baile que nos explica como lavarse as mans correctamente.
A práctica de lavarse as mans é común na maior parte do mundo, pero en poucas ocasións utilízase xabón tras os momentos críticos (despois de usar o inodoro, limpar as feces dun neno ou antes de manipular alimentos).
Estas actividades teñen como principal meta trasladar a importancia de que un xesto tan sinxelo e cotián como limparse as mans pode salvar vidas.

luns, 8 de abril de 2019
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Conmemoramos esta data convidando as familias a participar nunha actividade deseñada para adquirir hábitos saudables. Comezamos a xornada cun saúdo de benvida en linguaxe de signos, por parte de Andrea Regueira , alumna en prácticas, a continuación debían programar un robot para atopar os alimentos que debemos consumir a miúdo, ocasionalmente e tódolos días e por último elaboramos unha tosta moi "natural-mente" cos productos da nosa eco-horta-escolar. Grazas pola vosa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)