mércores, 27 de marzo de 2019
Obradoiro manipulativo de matemáticas. 1º e 2º E.P
Os luns pola tarde contamos cun obradoiro de matemáticas maniùlativas. Neste caso están a sumar sen levar e levadas con bloques.
Os máis maiores axudan aos pequenos a resolver os seus problemas. Un traballo de colaboración mutua.
QUE LÍO DE CORDÓNS! 1º E 2º E.P.
O alumnado de 1º e 2º de primaria está traballando nun proxecto novo, atar os zapatos. Algo que para nós parece tan simple, para os cativos/as destas idades é moi difícil.
Dun xeito práctico e sinxelo, a clase ten zapatillas recicladas (feitas con cartón de caixas de infusións) e cordóns cos que practicar todos os días ata coller o hábito.
Ian Fieggen sabe moito de atar os cordóns do calzado, tanto é así escribiu un libro chamado "Laces". Ian explica como os modelos de calzado actuais contribúen a que atar os cordóns deixe de ser unha habilidade, e por tanto, tamén dificulta a psicomotricidade fina e a realización de nós e/ou lazadas.
Ovo fritido sen lume? Diverciencias
O ovo en alcohpol: parece frito pero non o está.
Neste experimento poñeremos un ovo nun pouco de alcol do que se utiliza como antiséptico para que os nenos comproben e coñezan algunhas das súas interesantes propiedades. O resultado é un ovo que parece que está frito ou cociñado pero que NON É COMESTIBLE.
Neste experimento poñeremos un ovo nun pouco de alcol do que se utiliza como antiséptico para que os nenos comproben e coñezan algunhas das súas interesantes propiedades. O resultado é un ovo que parece que está frito ou cociñado pero que NON É COMESTIBLE.
Plantando amorodos. ECO-HORTA 1º E 2º E.P
Agora teremos que coidalos a diario para poder degustalos cando medren.
domingo, 10 de marzo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)