luns, 11 de novembro de 2019

Celebramos a festa do Magosto!!!!!!!

Un ano máis o Possumus encheuse de fume, cheiro a castañas, xogos e moita, moita diversión!!! Por que?? Porque o pasado venres celebramos a festa do Magosto!! Pasámolo fenomenal!!!!!!

martes, 8 de outubro de 2019

www.oup.com/elt/oupeprimary



Aquí vos deixo o enlace para acceder aos contidos dixitais da materia de inglés.
Un saúdo

martes, 1 de outubro de 2019

mércores, 26 de xuño de 2019

Feliz verán!!!!!!!!!


E o curso rematou....
Moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación, así como ás familias.



Ata o próximo ano!!!!


Partido fin de curso


Encontro entre 1º e 2º de E.P.
E chegou o día que tanto estabamos esperando? Vacacións! E, para despedirnos, nada mellor que o tradicional partido que enfronta aos alumnos  do colexio .
O verdaderamente importante é gozar dun encontro 100% amistoso; tanto por parte dos xogadores como dos espectadores.

"Recíclate con Sogama" 2018-2019 co cadro "Marnica",

O Colexio Possumus logrou o segundo premio no marco do concurso escolar "Recíclate con Sogama" 2018-2019 co cadro "Marnica",unha espectacular adaptación do Guernica de Picasso, coordinada por María del Rocío ParamaArjones, e na que se pon de relevo, a modo de denuncia, a contaminación do mar e as súas nocivas consecuencias ambientáis, económicas e saciáis.


 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2.019

2º PRIMARIA. FESTIVAL FIN DE CURSO 2.019

1º PRIMARIA. FESTIVAL FIN DE CURSO 2.019

domingo, 23 de xuño de 2019

Visita Cultural Museo Liste

Teatro Eu cociño, ti cociñas?

 Visita ao Teatro a Fundación para ver Eu cociño, ti cociñas? unha proposta donde a alimentación saudable convértese nun medio perfecto para traballar aspectos curriculares.


venres, 26 de abril de 2019

HORTA DE PRIMAVERA . ECO-HORTA 1º e 2º E.P

Aínda que as choivas e os temporais limitan a actividade da nosa horta ao mínimo, hai algunhas labores que si podemos ir facendo e que irán preparando o noso terreo para a época de sementeira na primavera. Ao mesmo tempo, as horas de luz van en aumento polo que xa podemos sementar tomate cherry .

 Tamén fixemos espantallos, para que vixien e coide os froitos. 



Visita literaria : Antón Cortizas " O lapis de Rosalía"

O alumnado de 2º de Educación Primaria mantivo o martes, 2 de abril, un Encontro Literario no marco do seu Plan Lector. Foi con Antón Cortizas, e o pretexto para ler e sentir, o seu libro "O lapis do Rosalia", que os escolares leron durante o curso.
 Antón Cortizas. Despregou toda a súa imaxinación facendonos voar ata a escola de Rosalía, onde o seu lápiz escribía o que lle petaba mentras que a sua mestra berraba e berraba sen control
 Aquí vos deixamos unhas fotos




.

Día Mundial da Saúde: A práctica de lavarse as mans.

 Os nenos e nenas de segundo puxeron en práctica este hábito explicando ás familias a importancia dunha boa hixiene. Finalizaron o taller cun bonito baile que nos explica como lavarse as mans correctamente.
A práctica de lavarse as mans é común na maior parte do mundo, pero en poucas ocasións utilízase xabón tras os momentos críticos (despois de usar o inodoro, limpar as feces dun neno ou antes de manipular alimentos).
 Estas actividades teñen como principal meta trasladar a importancia de que un xesto tan sinxelo e cotián como limparse as mans pode salvar vidas.


mércores, 27 de marzo de 2019

Obradoiro manipulativo de matemáticas. 1º e 2º E.P

Os luns pola tarde contamos cun obradoiro de matemáticas maniùlativas. Neste caso están a sumar sen levar e levadas con bloques. Os máis maiores axudan  aos pequenos a resolver os seus problemas. Un traballo de colaboración mutua.

QUE LÍO DE CORDÓNS! 1º E 2º E.P.


O alumnado de 1º e 2º de primaria está traballando nun proxecto novo, atar os zapatos. Algo que para nós parece tan simple, para os cativos/as destas idades é moi difícil.
Dun xeito práctico e sinxelo, a clase ten zapatillas recicladas (feitas con cartón de caixas de infusións) e cordóns cos que practicar todos os días ata coller o hábito.
Ian Fieggen  sabe moito de atar os cordóns do calzado, tanto é así escribiu un libro chamado "Laces". Ian explica como os modelos de calzado actuais contribúen a que atar os cordóns deixe de ser unha habilidade, e por tanto, tamén dificulta a psicomotricidade fina e a realización de nós e/ou lazadas.

Ovo fritido sen lume? Diverciencias

Ovo fritido sen lume?O ovo en alcohpol: parece frito pero non o está.
 Neste experimento poñeremos un ovo nun pouco de alcol do que se utiliza como antiséptico para que os nenos comproben e coñezan algunhas das súas interesantes propiedades. O resultado é un ovo que parece que está frito ou cociñado pero que NON É COMESTIBLE.

Plantando amorodos. ECO-HORTA 1º E 2º E.P

Agora teremos que coidalos a diario para poder degustalos cando medren.




venres, 15 de febreiro de 2019

Museo de Meirande . 1º e 2º E.P

Visita ao Museo Meirande

Os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos o Museo Meirande en Redondela.  Vimos unha película sobre a Batalla de Rande e visitamos as distintas salas do museo.

Que é o Meirande?

Un centro que che quere amosar dous temas principalmente: A batalla de Rande e o Patrimonio industrial de Rande.
Nel preséntannos unha viaxe, unha viaxe cara ao pasado, cara tempos que xa se perderon da memoria das persoas e que quedaron só impresos nos libros. Tempos das persoas coma nós, que sufrían o día a día e loitaban para sobrevivir nunhas sociedades e mundos distintos ao noso de hoxe en día.









  Despois da visita merendamos acompañados dunha vista preciosa.




Sementes xerminadas . Horta-Escolar

Xerminado de sementes.  Agora a coidalas !!!!!!!!!!

Resultado de imagen de sementes germinadas

 Resultado de imagen de sementes germinadas