venres, 2 de novembro de 2018
HORTA ECO-ESCOLAR 1º e 2º E.P
Esta é a nosa segunda sesión na Horta Eco-Escolar. Esta vez sementamos sementes de rabanitos, en garrafa 5 Litros PET de auga. Os rabanitos, son un deses alimento-medicamento que provén o noso prato con nutrientes esenciais que contribúen a mellorar e manter unha boa saúde. Conteñen vitaminas do grupo B, C, minerais como o potasio, iodo, magnesio ou ferro. O rabanito é a raíz comestible da planta e podémolos atopar en varias cores, desde o branco ata o negro pasando por rabanitos en tons morados, vermellos e rosas. Son orixinarios de Asia.
Andaina Monte da Guía. 1º e 2º E.P
Un ano máis visitamos o Monte da Guía.
Que pasada! Así é como podería resumir e describir a paisaxe que podes observar desde o Monte da Guía. Unhas vistas espectaculares que nos mostra unha cidade única.
Que pasada! Así é como podería resumir e describir a paisaxe que podes observar desde o Monte da Guía. Unhas vistas espectaculares que nos mostra unha cidade única.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)