sábado, 27 de outubro de 2018

Contacontos: Pegadas de conto. 1º e 2º E.P

Participamos na campaña Impórtanos, que ten como obxectivo promover a reflexión e o compromiso de todas e de todos para conseguir un mundo máis xusto e sustentable. A literatura que todo o pode foi a protagonista. Nesta ocasión foi a literatura oral, da man dos contadores de historias Bea Campos e Manuel Pombal. Foi unha sesión estupenda, na que aprendemos, escoitamos, cantamos e rimos!

HORTA ECO-ESCOLAR 1º e 2º E.P

A horta escolar do Colexio Possumus comeza un ano máis. Este ano temos a colaboración de Amigos da Terra que apoia á agricultora ecolóxica. Coa axuda de Flor (monitora do Proxecto Amigos da Terra) e das profes, as tres clases do centro (5 anos, 1º e 2º E.P), aprenderon a sementar tirabeques e chícharos, ao tempo que puxeron en práctica o coidado do medio ambiente mediante a reutilización e a reciclaxe.

Cociñando!!!!!! 2º E.P

Nada mellor para entender un texto instructivo ( que son aqueles que se refiren a a secuencia de indicacións sobre como levar a cabo unha determinada acción ). .O seu propósito é dirixir as accións do lector; xeralmente aplícanse para resolver problemas da vida cotiá, tanto na escola como fóra dela. Os nenos e nenas elaboraron con axuda das súas familias unhas saborosas tortas.