Que mellor xeito de comezar o Nadal que a ritmo de música.
martes, 4 de decembro de 2018
EXPOSICIÓN DE COGUMELOS 2º E.P
Os alumnos e alumnas de 2º de E.P, puideron coñecer distintas especies de cogumelos que hai na comarca. O pai dun alumno bo coñecedor do bosque e da natureza, dounos unhas instrucións precisas a todos, alumnos e mestres, para poder diferenciar as distintas variedades comestibles máis comúns da zona.Tamén nos dou unhas pautas concretas para a súa recolleita . Aconsellándonos que no caso de dúbida se consulte sempre a un experto.
luns, 3 de decembro de 2018
ENRAIZANTES NATURAIS. HORTA ECO-ESCOLAR.1º e 2º E.P
Hoxe falaremos dun tema de gran interese para aqueles que queren cultivar un horto ecolóxico: os enraizantes naturais. Enraizantes, hormonas de crecemento : un tipo de produto que se usa para mellorar o crecemento e o vigor das plantas.
Para a elaboración hai que deixar repousar as lentellas en auga durante unhas 5 horas, xerminan, a continuación bátese todo xunta a auga e as lentellas, paira continuar cóase ou se filtra. Pódeselle engadir un pouco de auga para que non quede tan concetrado e se rocía pola zona do esqueje que é necesario tratar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)