luns, 29 de maio de 2017

Homenaxe Carlos Casares - A galiña azul Letras Galegas 2.017

 Como remate da semana das Letras e as artes galegas fixemos unha xuntanza para ver e escoitar o conto “A galiña azul” de Carlos Casares.

 E QUE, SE SON DIFERENTE? Din que as galiñas son de cor branca, din que as galiñas son de cor marrón. Din que as galiñas son de cor branca, din que as galiñas son de cor marrón E que? E que? Se son diferente E que? E que? Me queren igual. E que? E que? Se son diferente E que? E que? Me queren igual.

 Tamén fixemos un mural no que cada neno escribiu un comezo dun libro ou unha poesía.

mércores, 24 de maio de 2017

Os Maios

No mes de Maio celébranse en moitas vilas de Galicia as festas do Maio, unhas festas lúdicas coas que se recibe a floración e se despide o inverno.

No Colexio Possumus quixemos unirnos a esta tradición e facer o noso propio Maio, tal e como podedes ver.









1º e 2º E.P fixo este Maio, que é un peixe,  traballo para  Proxecto Dar vida...Aos animais

mércores, 10 de maio de 2017

O TESOURO DOS NOSOS AVÓS...

Para traballar dentro do Proxecto das Etapas Históricas, visitounos a avóa de Xulia e o avó de Alba. Contáronnos moitas cousas de como xogaban de pequenos.
 Non había ordenadodores pero tiñan unha gran imaxinación.

Compartimos un gran momento.


  Grazas !!!!!!!!!!





Visita Ó MARCO

Visita O Museo de Arte Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

sábado, 6 de maio de 2017

Plantas Aromáticas e Medicinais

 
Hoxe cheirou moi ben a nosa aula e é que Inma a mamá de Eneko tróuxonos a clase toda unha diversidad de plantas aromáticas e medicinales do seu xardín.

Inma explicounos moitas cousas sobre as plantas aromáticas.
Traía unhas cantas e ensínonos a recoñecer as que non coñeciamos.Falounos dos seus usos culinarios e medicinales. Puidemos observalas e sobre todo cheiralas.
 Foi explicando o nome de cada planta, para que servían e o que nos aportaban na nosa vida diaria. Así puidemos descurbrir que cando estamos nerviosos podemos tomar algunha infusión de Valeriana.

 
Damos as grazas a Inma pola súa colaboración e facernos partícipes dos seus coñecementos.

mércores, 3 de maio de 2017

Proxecto de Centro: DAR VIDA ...

 Aquí está a nosa galiña Kika que non deixou por nada os seus ovos.

Este ano no colexio Possumus temos unha horta e un galiñeiro. Todos estamos contentos co nacemento dos pollitos.
Comparten sitio coa horta escolar, na que Educación Infantil traballou con gran esmero.



 


 Unha horta no colexio é un recurso educativo moi beneficioso para o alumnado, xa que propicia experiencias co entorno natural. Tamén axuda a comprender as relacións e dependencias que temos con el e ofrécenos a posibilidade de traballar co noso alumnado actitudes de coidado e responsabilidade medioambiental, así como valorar o proceso de certos hortalizas e verduras antes de chegar ás nosas mesas. Consideramos que é moi importante que desde pequenos comprendan que o contacto coa natureza é un aspecto moi importante nas nosas vidas.