martes, 24 de xaneiro de 2017

DIVERCIENCIAS. A PROFUNDIDADE DOS OCÉANOS

Sara e Iria de 3º E.S.O , explicáronnos A PROFUNDIDADE DOUS OCÉANOS.


Está claro que a luz non penetra ata as capas máis profundas dos océanos, de aí que distingan 5 capas ou niveis de luz.












domingo, 22 de xaneiro de 2017

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Como todos os anos por estas datas no colexio conmemoramos o día da PAZ. Escoitemos este vídeo de Cómplices "Verdad que sería estupendo"

martes, 17 de xaneiro de 2017

Diverciencias:Multiplica coas regletas de Napier

Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos vivirán seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasarán desapercibidas. 2º EP Multiplica coas regletas de Napier Queres repasar as táboas e aprender un pouco de historia? Pois imos multiplicar como se facía antes da chegada das calculadoras, usando as chamadas regletas, varillas ou ósos de Napier. As regletas de Napier son unha ferramenta de cálculo que sorprende pola súa sinxeleza. Non son máis que as táboas de multiplicar escritas sobre unhas varillas, pero con elas as multiplicacións redúcense a simples sumas e restas.